Somos unha cooperativa que busca unha produción baseada en recursos naturais que chegue dun xeito directo ao consumidor, a través de diversas canles de comercializacion (carnicerías, hostelería, etc). As explotacións gandeiras de ovino e caprino dos asociados están distribuídas por toda Galicia, a maior parte delas en zonas de montaña. A dispersión xeográfica e unha correcta planificación no sistema de produción nas explotacións premítennos producir animais durante todo o ano. Os años e cabritos son as crías de ovellas e cabras galegas alimentadas con leite materno, forraxes e cereais ata o seu sacrificio en matadoiros autorizados. As ovellas e cabras aproveitan, en sistemas de pastoreo, a vexetación natural dos prados, pradeiras e montes de Galicia. Esta produción gandeira cumple, ademáis, unha importante función na prevención dos incendios e no mantemento da poboación no medio rural.
Esixímonos un control de diversos aspectos que supoñan unha mellora na calidade das nosas explotacións:
- Clasificar e identificar os nosos produtos.
- Diferenciar os animais producidos en Galicia en sistemas extensivos ou semiextensivos en base ao pasto e ao leite materno.
- Controlar a sanidade do gando, levando a cabo un programa sanitario completo de cada rabaño.
- Vixiar a alimentación do gando, facéndoa en base á produción forraxeira da terra.
|