As carnes
A crianza dos nosos años e cabritos está baseada na lactancia materna. Permanecen xunto coas súas nais, recibindo unha alimentación baseada en produtos naturais. Esta crianza confírelles ás canais cualidades organolépticas excepcionais.
Na calidade das nosas carnes cabe destacar unha textura suave e un sabor intenso, ademais da súa tenrura e xugosidade.
Año de leite galego: 5-7 kg/canal ; 1-2 meses de vida
Roxelo: 8-10 kg/canal; 2-3 meses de vida
Cabrito galego: 5-8 kg/canal; 1-3 meses de vida
Os queixos
Aínda que as explotacións de ovino e cabrún en Galicia son maioritariamente de produción cárnica, escomeza a despuntar tamén a produción láctea. A elaboración de queixo aparece representada dentro de COVIGA por dous tipos de queixo moi definidos e dunha magnífica calidade:
Queixo de ovella galego: obtido a partir de leite de ovella crú, elabórase de xeito tradicional cun período de curación mínimo de 90 días.
Queixo de cabra galego: queixo fresco, elaborado con leite pasteurizado graxo.
|