Galego | Castellano
 
 
   
   
 
 
 

01. Presentación

 
 
A cooperativa COVIGA Soc. Coop. Galega nace o 30 de abril de 2003 promovida por 35 produtores da Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia, OVICA. É a primeira cooperativa dentro do sector produtivo do ovino e caprino en Galicia, formada por produtores, que se vai dedicar á comercialización dos seus propios produtos. Os obxectivos que se fixaron os produtores foron:

- Facer unha diferenciación do produto galego en base a unha marca de calidade.
- Acadar uns prezos bos e estables para o produtor e garantir a saída do año e do cabrito ao mercado.
- Promocionar o sector de ovino e caprino como unha carne de calidade.

A cooperativa presentouse oficialmente na Feira Internacional de Silleda, en maio de 2003, participando cos seus produtos no xantar inaugural.



2003: en decembro empezou o labor comercial de vendas semanais a clientes de Ourense e Vigo.

2004: comercializáronse a través da cooperativa 3.400 canais de año e cabrito.

2005: comercializáronse a través da cooperativa 4.600 canais de año e cabrito.

2006: comercializáronse a través da cooperativa 5.500 canais de año e cabrito.

 
 
     
 

Cooperativa COVIGA - S. Coop. Galega
Rúa do Portelo, 4
32.660 - Allariz (Ourense)

Tlf. 988 442 428
Móbil. 610 693 917