| A cooperativa COVIGA Soc. Coop. Galega nace o 30 de abril de 2003 promovida por 35 produtores da Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia, OVICA. É a primeira cooperativa dentro do sector produtivo do ovino e caprino en Galicia, formada por produtores, que se vai dedicar á comercialización dos seus propios produtos. Os obxectivos que se fixaron os produtores foron: - Facer unha diferenciación do produto galego en base a unha marca de calidade.
- Acadar uns prezos bos e estables para o produtor e garantir a saída do año e do cabrito ao mercado.
- Promocionar o sector de ovino e caprino como unha carne de calidade.
A cooperativa presentouse oficialmente na Feira Internacional de Silleda, en maio de 2003, participando cos seus produtos no xantar inaugural.
|